Sebas mantén unha relación por chat cunha descoñecida. Todo vai ben ata que ela lle revela que é unha presidiaria, que está a punto de deixa-la cadea e ir a coñecelo. Sarah chega ó piso con intención de quedar, uns días e revoluciona a vida dos inquilinos. Especialmente a de Fran, ó que somete a un constante acoso. Diego ten que organizar un campionato de fútbol-5 e precisa contar con Sebass, Fran e Raúl para o equipo. O malo é que Ana tamén quere participar.