Sebas deixa a vila e marcha a vivir á cidade ao piso de estudantes da súa curmá Lucía. Alí atoparase cun problema imprevisto: Fran, mozo da mellor amiga de Lucía, decidíu quedar no piso ocupando o cuarto da súa moza, que marchou a estudar a Inglaterra.
Mentres Sebas trata de liberarse da extrema vixiancia de súa nai e comezar unha vida independente, Lucía e Fran compiten polo traballo de camareiro do Bule Bar, a cafetería que hai na esquina da rúa. O duelo chegará lonxe de máis.