Ano 2021. O grupo volve a unirse convocados esta vez por Luca. Ante a brutal falta dun deles, o resto reúnese, para poñer o rumbo final á súa historia. Úrsula incorpórase ao grupo para facer esta terceira parte do Camiño con eles. Cada un arrastra os seus propios problemas e xuntarse de novo fará que estes vaian desaparecendo.