Ano 2000. Roberto explica cal é o seu motivo para facer o Camiño e decide separarse do grupo para cumprir o seu obxectivo. Raquel descobre cal é o soño de Yoon Soo e contáxiao da súa vitalidade e impulsividade, xuntos emprenden un novo camiño persoal. Os cinco protagonistas chegan a Santiago de Compostela e a Jana espéralle unha nova terrible.