Unha das décadas máis salientables na verbena galega. A aparición de grandes grupos formados por músicos moi novos pero con moito talento . Xunto a eles o momento culme de grandes orquestras como Satélites, Sintonía de Vigo... entre moitas outras.
É o momento da chegada á verbena de temas musicais de grandes voces galegas, Andres Dobarro, Ana Kiro, Julio Iglesias... E tamén de atrevementos con temas de grupos internacionais. O pop e o rock invaden tamén os torreiros de festa da man destes conxuntos.