As altas laborais serán tramitadas simultaneamente coas baixas ao cumplirse sete días para os positivos de covid. A Xunta adopta a medida para aliviar a presión que está a saturar os servizos de atención primaria, e anuncia para a semana que ven a terceira dose para as persoas de 30 a 39 anos. // Os casos activos caen hoxe por debaixo dos 60.000. (59.451). Unha baixada de case 17.000 casos respecto a onte, debido a actualización de datos co novo protocolo que reduce a sete días as corentenas dos positivos. A cifra de novos contaxios segue a ser elevada, 7.875.// Despois de décadas en proxecto, hoxe comezaron de xeito oficial as obras para o dragado da ría do Burgo, na Coruña, coa presenza da Ministra para a Transición Ecolóxica. Investiranse máis de 30 millons de euros. 13-01-2022