Larpeiros Social Club
Este club contará cunha boa despensa e cun gran mesado con moitos fogóns. Por fin os ‘Larpeiros’ poderán facer unha masa, guisar unha carne e limpar uns grelos, todo a un tempo e sen que falte sitio na cociña para todos os que queiran estar nela. Nesta primeira temporada do programa, Lola cociñará as súas receitas máis especiais e Benigno sorprenderá con algúns pratos inéditos. Ademais, visitarán o ‘Larpeiros Social Club’ novas promesas da cociña galega, como Alén Tarrío ou Anxo Trives, gastrobloggers como Coque Fariña ou Diana Fernández e ‘Larpeiros’ con diploma como Enrique Pérez. Non faltarán tampouco cociñeiros consagrados, como Bea Sotelo, Pepe Solla ou Javier Olleros, que tirarán de memoria para facer pratos con historia. Na cociña do ‘Larpeiros Social Club’ prepararanse pratos moi mariñeiros e tamén grandes guisos e carnes ao forno. Para pechar os xantares ao estilo máis ‘larpeiro’, faranse deliciosas lambetadas coa axuda das mellores reposteiras. Ademais, os membros do cl