Presiona ESC para cerrar

Gran Cambio

Segunda temporada do programa da TVG "Gran Cambio", que presenta a actriz Mariana Carballal. Agora é a quenda de oito concursantes da Pobra do Caramiñal, que participarán nun espazo que pretende transmitir a importancia de levar unha vida máis sa. O reto dos concursantes consistirá en alcanzar o peso ideal, facer deporte con asiduidade e non fumar nin beber alcohol. Para isto terán á súa disposición un médico, unha especialista en nutrición e un preparador físico. Os oito participantes competirán en dous grupos e haberá premios en metálico para quen consiga máis puntos e para quen máis se involucre no programa. A primeira temporada estreouse o 27 de abril de 2010 e, durante tres meses, catorce persoas de Lalín uníronse nun reto pola saúde que tiña un obxectivo común: adelgazar e cambiar os malos hábitos adquiridos.

Página del programa en TVG (Galicia) >