Fun polo aire
'Fun polo aire' espallará por todo o país un equipo de sete reporteiros que farán que as tardes estean máis vivas ca nunca contándolles aos espectadores todo o que sucede, o que se está facendo en Galicia a esas horas en cada vila, no campo, na cidade, no mar… O programa, que aposta pola actualidade, polos temas dos que fala todo o mundo, ofreceralles dúas citas aos espectadores da Televisión de Galicia. A primeira delas será arredor das 17.30 h. e a segunda, ás 19.30 h., despois do programa 'Vin polo vento'. Deste xeito, 'Fun polo aire' estará todas as tardes contando o que está pasando en Galicia en todo momento sen perder actualidade e frescura. Unha das grandes apostas de 'Fun polo aire' son as conexións en directo, que virán da man dos reporteiros Ricardo Saavedra, Paula Señarís, Xaime Barreiro, Emilio Guillín, Noa García, Nuria Castro e Fátima Pego, está última, ademais, cantante da orquestra París de Noia. 'Fun polo aire' pretende ser un formato agradable,