En coma
“En Coma” ten un único escenario: o cuarto onde repousa a avoa Hermosinda, viúva de Basilio, que leva dous anos en coma, deitada no leito, sendo testemuña inerte e silenciosa dos problemas e aventuras dunha familia que, a pesar do seu estado, continúa acudindo ao seu carón para contarlle as cousas, chorarlle as penas, pedirlle consello ou dicirlle o que nunca lle dixeron cando os podía ver e escoitar. E tamén para intentar descubrir onde están as chaves que abren o xoieiro. A serie conta con só catro actores -Mariana Carballal, David Perdomo, Josito Porto e Estíbaliz Veiga-, que se desdobran interpretando varios personaxes. Os tíos da aldea, o bisneto rapeiro, a parella de 'pijos', o neto ecoloxista ou a filla reconvertida en gran dama van entrando e saíndo no escenario único nun ton de comedia tola que se configura como unha sucesión de sketchs ao servizo do humor. Cada capítulo consta de tres sketchs, cada un de 9 minutos de duración, que terán como protagonistas as trama