De quen vés sendo?
“De quen vés sendo?” é un programa sobre os galegos, a súa retranca e o modo en que fixeron dos nomes unha ferramenta para a vida. Realizado por Celta Producciones e presentado por Marta Doviro, é, por riba de todo, un espazo de humor retranqueiro construído sobre a realidade cotiá de xente que convive con nomes que forman parte das súas vidas.
As historias que se contan permítenlles aos espectadores aprender de onde proceden moitos dos nomes e expresións que nos rodean.
Página del programa en TVG (Galicia) >