Como o da casa non hai
Cada semana tres cociñeiros non profesionais terán que cociñar eses pratos caseiros nun coñecido restaurante da súa localidade cheo de comensais. E competirán por ser o mellor. O prato gañador, elixido polo xefe de cociña, estará na carta do restaurante durante un mes. O primeiro programa vai estar centrado nun coñecido restaurante da vila ourensá de Celanova onde tres concursantes farán pratos cheos de recordos. Así, Marisol Salgado herdou da súa sogra un prato venezolano que denominou “pasticho de carne picada ao estilo Norma”, Alejandro Mínguez lembrará os paseos polo monte co seu pai para recoller cogomelos e preparará unha “sopa de cogumelos de papá Ricardo”, e finalmente Sandra Rodríguez vaille facer unha homenaxe á súa familia emigrada no Brasil cunha “pescada en salsa de coco de Dona Val”.