Presiona ESC para cerrar

Buscando Ardebullo

O novo espazo da TVG arrancará na Illa de Arousa. Con só sete quilómetros cadrados, esta pequena illa alberga unha maneira de ser moi especial, que fará que os presentadores de “Buscando Ardebullo” se sintan coma na casa. Os habitantes da Illa, moi orgullosos de vivir onde viven, farán da gala de “Buscando Ardebullo” un espectáculo cheo de risas e, á vez, de moita emoción. Os tres protagonistas de “Buscando Ardebullo” terán, iso si, que adaptarse ao mar e facer de todo: axudar nunha batea a levantar os mexillóns, limpar peixe na praza, relear camaróns na lonxa. Tamén coñecerán, sendo eles do Deportivo, á peña celtista máis grande do mundo.

Página del programa en TVG (Galicia) >