Close

A Revista

Espazo informativo que se emite de luns a venres. Neste programa matinal inclúense reportaxes e conexións en directo por todo o territorio galego, sempre na busca da noticia do día ou das actividades que poidan ser de interese para a audiencia

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Magazine
Tema: Actualidad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/a-revista

Episodios disponibles para ver online

17/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste venres 17 de xaneiro comprobando como se van recuperando algunhas vilas despois do paso do temporal. Adiantamos temas dos que falaremos: a necesidade de aparellos para a seguridade infantil e os grupos de WhatsApp de pais e nais 11:59 Octavio Villazala descóbrenos o animal co que nos sorprenderá este venres 12:15 Repasamos a máxica noite de Loly Gómez no 'Land Rober', salto de cama, amante e ovo con vinagre polos seus revisteir@s 14:47 Falamos sobre os aparellos de seguridade para evitar que a rapazada se manque. Tróuxonos as recomendacións Abelardo Martínez, presidente de Atesugal-Fetevi Galicia. Fomos ata unha tenda para equiparnos 29:45 Laretamos sobre as patacas Bonilla a la Vista, que están triufando en Corea, mesmo foron protagonistas dunha película candidata aos Óscar 32:46 Felicitamos un revisteiro que está de aniversario e vemos as fotos que nos mandan os nosos espectadores 34:10 Damos que falar sobre os grupos de WhatsApp
15/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores adiantando os contidos: día de calma agardando por un novo temporal, terrazas con ou sen calefactor e 30 aniversario de Cogami 11:25 Tempo de 'O agro' 17:59 O máis visto nas redes sociais da CRTVG con Alba Mancebo 27:54 Falamos sobre o 30 aniversario de Cogami e o proxecto 12 claves de inclusión. Falamos co presidente, Ángel Montero, e tamén con técnicos e usuarios 42:14 Laretamos sobre o aniversario de 'Senda verde', naceu un 14 de xaneiro de 1995, xa concienciando sobre o cambio climático e o coidado do medio natural 46:15 Fotos que nos mandan @s revisteir@s 47:14 Falamos sobre o uso ou non de calefactores nas terrazas. Algúns expertos din que son contaminantes e un malgasto de enerxía. Deunos alternativas Ángel Montero, presidente de 'A nosa enerxía' 01:02:25 Mabel Montes fálanos de calma, pero avecíñase un novo temporal
14/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 14 de xaneiro adiantando os contidos para dar que falar: maquillaxe, roupa e comida, a prezos accesibles e de calidade. Que facer en caso de ter un accidente cun xabaril 05:37 Tempo de 'O agro' 11:50 Foto que nos manda unha revisteira denunciando o caso dun can sen dono e atado a unha árbore 12:52 Damos que falar buscando roupa, comida e produtos de beleza económicos e de calidade 31:41 Laretamos sobre a estudante que foi repasar os apuntamentos á biblioteca e mentres cargaba o chuchador de clítoris 36:01 Fotos que os mandan @s revisteir@s 37:11 Falamos sobre os accidentes de tráfico nos que o culpable e o xabaril. Consellos desde o subsector de tráfico, de aseguradoras e circuítos de coducción 59:01 Mabel Montes tráenos vento e chuvia que chegará esta noite 01:01:14 Despedimos 'A revista' deste martes 14 de xaneiro  
13/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste luns 13 de xaneiro adiantando os temas dos que daremos que falar: sección de sucesos co aniversario da morte do pequeno Julen, xuízo en Pontevedra por unha banda organizada de droga e armas e moda sostible 03:21 Isabel Blanco presenta este mércores ás 22.30 'Pasaporte galego', especial Luís Tosar 14:38 Falamos sobre moda sostible. Coñecemos o proxecto Claudina Romero, onde divulgan e producen o consumo responsable 32:28 Laretamos sobre a reunión na Casa Real británica para decidir o futuro de Henrique e Meghan. Tamén nos coamos no Instagram de Dani Mateo, que visitou esta fin de semana as pozas de Prexigueiro 41:54 Fotos que nos mandan @s revisteir@s 42:57 Mesa de sucesos: aniversario da morte do pequeno Julen ao caer nun pozo en Totalán e a presunta extorsión sexual ao adestrador Víctor del Amo 59:19 Mabel Montes tráenos chuvia para os vindeiros días 01:03:00 Despedimos 'A revista' deste 13 de xaneiro co ramo de flores que Roberto
09/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 9 de xaneiro adiantando os contidos do día: comezo de tempada da lamprea no Ulla e consellos para perder peso, mesmo de xeito solidario 06:22 Pendentes das declaracións nos xulgados de Tui pola reapertura do caso Déborah Fernández e atentos ás novidades de María José Arcos, a familia xa ten a declaración de falecemento, o que non paraliza a investigación 10:20 Comezou a tempada da lamprea. Comprobamos no peirao de Pontecesures como van as capturas. O Chef Rivera prepáranos unha á bordalesa, e no estudio, Alberto Gonález, de O Silabario, fálanos de comela seca e noutras variedades 31:16 Inauguramos sección de revistas do corazón con Isi 41:36 Laretamos sobre un bazar de Santa Cruz de Tenerife onde empregadas e responsable desfilan para promover a súa roupa 45:15 Fotos d@s revisteir@s 46:02 Falamos sobre os excesos de Nadal e como superalos. Os consellos correron a cargo da nutricionista Lidia Folgar. Desde Lugo falamos da in
08/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste 8 de xaneiro presentando os temas dos que falaremos: toponimia singular galega e costa de xaneiro 07:50 Tempo de 'O agro' 14:00 O máis visto nas redes sociais da CRTVG no que vai de ano. Resumo que nos fai Alba Mancebo, do departamento de Extensión Audiovisual 22:11 Falamos sobre a costa de xaneiro. Recomendacións que nos traen desde a Unión de Consumidores de Galicia. Buscamos produto e menú barato na praza e nun restaurante de Santiago 43:11 Laretamos sobre a cativa que saíu dar un paseo pola saínte da fachada dun quinto piso 46:43 Fotos que nos mandan @s revisteir@s 47:27 Falamos sobre a toponimia curiosa dos nosos lugares, aldeas e parroquias. Falamos cunha filóloga e conectamos en directo con Exipto, en Boiro, e Pernaviva, na Estrada 01:05:45 Previsión do tempo para as vindeiras horas 01:08:53 Despedimos 'A revista' deste 8 de xaneiro  
07/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 7 de xaneiro adiantando os temas dos que falaremos: o comezo das rebaixas e sección de sucesos analizando o crime de Oleiros, a reapertura do caso de Déborah Fernández e a sentenza de Ana Enjamio 05:20 Tempo para 'O agro' 11:53 Este mércores volve a TVG 'Do dereito e do revés'. Visitáronnos dous dos seus actores, Víctor Fábregas e Susana Sampedro 20:19 Falamos sobre o comezo do período de rebaixas. Consellos que nos trouxo Víctor  Muñoz, presidente de FACUA Galicia. Comprobamos en directo como están os centros comerciais de abarrotados 39:52 Laretamos sobre a frecuencia coa que se deben lavar os pixamas. Os británicos seixa o fan cada 14 ou 17 días 43:32 A TVG, líder de audiencia co especial 'Chegan os Reis', a retransmisión das cabalgatas das súas maxestades desde as principais cidades galegas. Grazas! 44:17 Fotos que nos mandan @s revisteir@s 45:37 Sección de sucesos: analizamos o crime de Oleiros, a sentenza de Ana Enjamio
06/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:14 Comeza 'A revista' do 6 de xaneiro 00:48 Sorteo extraordinario da lotería do Neno 38:08 Os Reis Magos repartiron agasallos polas casas galegas. É o día dos máis pequenos da casa 40:10 A pista de xeo é unha boa opción para pasar este día de Reis. Fomos a Ourense con Demetrio Morenza 42:10 En Salceda de Caselas asistimos aos cánticos de Reis e aos bailes con Natalia Penas 46:40 O rei Gaspar visitou 'A revista' antes de regresar a Oriente 01:02:02 En directo para 'A revista' os cánticos de Reis de Salceda de Caselas 01:10:16 Longas ringleiras para mercar o roscón de reis na Coruña 01:11:44 Costumes que os estranxeiros non entenden do Nadal español 01:17:15 Morren dúas persoas carbonizadas nun accidente en Cerceda. En directo con Sabela Romar 01:20:20 Vídeo e fotos d@s nos@s revisteir@s 01:21:28 En Rianxo tocou o primeiro premio da lotería do Neno 01:24:51 Día de ilusión dos máis pequenos, que xogan cos agasallos recibidos 01:39:04 Seguimos sen saber quen é o gaña
03/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:31 Pasan a disposición xudicial os dous deitdos polo crime ocorrido en Oleiros na noitevella 03:16 Buscamos en Arteixo un dos mellores roscóns de reis 06:32 Todo preparado para as cabalgatas de reis que percorrerán as vilas galegas 09:19 Octavio trae un escorpión 16:04 Hai roscóns de froitas escarchadas e recheos de praliné, nata ou chocolate 28:43 Laretamos sobre un cartel nun restaurante valenciano que manda aos nenos a "fregar pratos" 34:38 As fotos dos Revisteiros 36:21 A TVG fará un programa especial das cabalgatas de Reis. Comezará o domingo ás 17.30 e estaremos en directo nas principais cidades galegas 51:28 Octavio veu cun alacrán, un dos animais máis antigos da terra 01:01:26 Noelia Rodríguez cóntanos o tempo para esta fin de semana  
02/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:03 Comezamos a 'Revista' deste xoves 2 de xaneiro adiantando os contidos desta mañá: aceite galego de calidade e coidado co exceso de xoguetes 06:44 Repasamos o máis visto nas redes sociais da CRTVG no 2019 17:36 Damos que falar sobre o aceite. Xa ten certificado e os productores buscan a Indicación Xeográfica Protexida. Comprobamos a calidade e producción en Quiroga e en Toén e aprendemos a catalo e distinguilo 36:46 Laretamos sobre o retrete de 13 graos de inclinación deseñado para que os traballadores rindan máis traballo 41:08 Fotos e vídeos que nos mandan os revisteir@s 42:35 Reflexionamos sobre a cantidade de xoguetes que recibe a cativada nestas datas de Nadal. Os Reis Magos deberían traer moito xogo para compartir e menos tecnoloxía 59:25 Noelia Rodríguez vaille pedir aos Reis Magos, que chova a gusto de tod@s
01/01/2020 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos a  primeira 'Revista'de 2020 botando un ollo a celebración do comezo de ano en Galicia e noutras partes do mundo. Presentamos os nosos dar que falar: as feiras de Betanzos e Monterroso 07:01 Noite con incidencias en Galicia: un home morto nunha liorta en Oleiros, incendio no polígono industrial de Taboada e incendio tamén nunha casa de turismo rural en Taboada 10:45 Tempo de 'O Agro' 16:20 Damos que falar sobre a feira de Monterroso. Aumenta o ambiente coa chegada da hora do aperitivo. Contamos a tradición secular da feira co historiador Manuel Mandianes 31:29 Laretamos sobre o día de San Manuel 35:30 Vídeos que nos mandan os revisteir@s felicitando estas datas 37:24 Volvemos repetir os vídeos que nos mandaron os revisteir@s e nomeando a tod@s 38:48 Damos que falar sobre a secular feira de Betanzos. Día para cambiar os tacóns polas zapatillas e comprar algunha mascota 52:01 Máis vídeos de revisteir@s felicitando o ano novo 53:09 Volvemos la
31/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos a derradeira 'Revista' deste 2019 despedindo o ano desde Vilagarcía 03:18 Comprobamos na praza de abastos de Santiago como están os prezos do marisco e o peixe 05:47 Desde A Coruña van contarnos como se pode encargar un menú para cear esta Noitevella 06:16 Buscamos alternativas para vestir e peitearnos esta noite 08:46 Tempo de 'O agro' 14:25 Esta noite, as badaladas na Galega. Acompañáronnos Benedicta Sánchez e Arturo Fernández, que estarán con Gayoso na praza do Obradoiro 24:36 Opcións de vestimenta, peiteado e maquillaxe para despedir o 2019 37:24 Vídeos que nos mandan os Revisteir@s 38:22 Como organizar a derradeira cea deste 2019. Prezos do mercado e comida para levar 51:01 Noelia Rodríguez recoméndanos ir abrigados esta noite 52:54 Despedimos a derradeira 'Revista' deste 2019. Boa entrada de ano Revisteir@s  
30/12/2019 13:20
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste 30 de decembro dando paso á mesa de sucesos, en que analizamos algúns dos acontecementos máis importantes deste 2019: sentenza Diana Quer, triplo asasinato de Valga, nena morta supostamente a mans da súa nai en Cospeito ou accidentes de tráfico mortais 16:42 Noelia Rodríguez segue traéndonos sol para os vindeiros días 18:56 Despedimos 'A revista' deste 30 de decembro  
27/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Presentacion de 'A revista' 01:07 Visitamos a praza de abastos de Ourense para falar de produtos saudables 05:46 Os ximnasios prepáranse ante a avalancha de novas altas que adoita chegar co novo ano 08:54 Debemos poñer un límite ao consumo de produtos saudables? A dietista e nutricionista Lidia Folgar aclara dúbidas e falsos mitos 24:51 A megafonía do metro de Londres agocha unha historia de amor 28:51 As fotos dos nosos espectadores 30:16 Debatemos o fondo psicolóxico dos propósitos de Aninovo 43:46 Os animais de Octavio Villazala 54:57 O tempo 58:33 Carlos Núñez actúa hoxe na Coruña
26/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:05 Presentación de 'A revista' 00:47 Visitamos un balneario como alternativa depurativa aos excesos do Nadal 03:55 Chegou a Vigo o veleiro escola máis grande do mundo 07:09 'O que faltaba!': Carmiña Blanco presenta agasallos sostibles 19:33 Debatemos sobre a conveniencia de ducharse a diario 27:38 Visitamos un balneario como alternativa depurativa aos excesos do Nadal 31:59 Imos laretar: reaparece Kevin Spacey... con misterio 35:24 As fotos dos nosos espectadores 36:49 Chegou a Vigo o veleiro escola máis grande do mundo 41:07 O xamón conquista O Xapón 47:37 Visitamos a sala de embutidos de Torre de Núñez 54:07 O tempo, con Noelia Rodríguez 56:43 Wöyza volve á casa polo Nadal, cun concerto mañá en Vigo
25/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Presentación de 'A revista' 00:55 No programa de hoxe coñeceremos o Nadal doutras culturas 04:22 O Teléfono da Esperanza fai garda no Nadal para a xente que se sente soa 08:39 O agro 15:00 Na nosa mesa de faladoiro falamos de Nadal solidario 18:34 Falamos co responsable do comedor social de San Francisco en Pontevedra 26:09 O Teléfono da Esperanza fai garda no Nadal para a xente que se sente soa 34:49 Imos laretar: o vento de Fabien empurrou un voo comercial a velocidades subsónicas 40:01 No noso segundo tema do día falamos das celebracións de Nadal noutras culturas 56:13 O tempo 59:04 Despois dunha noite de traballo, Papa Noel reláxase facendo surf na Florida
24/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes de Noiteboa adiantando os nosos temas: roupa elegante ou de andar pola casa para esta noite e comidas familiares ou solidarias 07:46 Tempo de 'O agro' 13:47 Falamos sobre a roupa para esta Noiteboa. Modelos para saír cear fóra ou quedar na casa. Non faltaron os xerseis extravagantes que cada ano están máis de moda 26:57 Laretamos sobre o ex-sogro que agasallou o ex-xenro cun décimo de Nadal e tocoulles o Gordo 31:14 Fotos que nos mandan os revisteir@s 32:29 Falamos sobre as distintas opcións de menú para esta noite. Comprobamos os preparativos dun restaurante onde esta noite cearán 250 persoas. Visitamos a cociña económica de Santiago. Porque o importante non é o marisco, senón a compaña 55:21 Noelia Rodríguez tráenos bo tempo para estes días 58:10 Despedimos 'A revista' desta Noiteboa desexándovos bo Nadal e amosando as imaxes de Papa Noel saíndo da Laponia. O Apalpador ven tamén de camiño
23/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste luns 23 de decembro adiantando a sección de sucesos: sobre a mesa estará a traxedia familiar de Curtis. Estamos en directo desde a casa onde apareceron os corpos 03:20 Daremos que falar sobre outros temas máis revisteiros: aperitivos de Nadal e compras de última hora 07:18 Esta noite, na TVG, especial 'Larpeiros social club'. Viñeron contarnos os detalles Benigno Campos e Dolores Gestido 16:45 Falamos sobre os aperitivos de Nadal. A nutricionista Lidia Folgar deunos consellos para non rematar moi empachados estes días. Desde Santiago, Teresa Abalde preparounos uns saborosos aperitivos 31:35 Laretamos sobre un rapeiro que pechou unha xoguetería para que o seu fillo de 7 anos collese todo o que lle viña en gana 35:24 Comprobamos como van as compras de última hora polo centro comercial de Ourense 40:24 Fotos que nos mandan os revisteir@s 41:54 Mesa de sucesos co avogado penalista Alejandro Vega e as xornalistas Tania Taboada e Patricia
20/12/2019 17:44
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A Revista deste venres 20 de decembro facendo un percorrido polos temas que imos tratar.  10:45 Conectamos co xulgado polo veredicto do asasinato de Ana Enjamiio 12:37 Coñecemos con Arturo Fernández todo o que vai acontecer co programa especial da lotería de Nadal 19:06 Durmir, mellor en parella ou en solitario?   20:30 Conectamos co xulgado polo veredicto do asasinato de Ana Enjamiio 23:20 Seguimos debatindo sobre os beneficios e os perxuicios de durmir acompañados   30:56 Cesar Adrio declarado culpable polo asasinato de Ana Enjamio   32:21 Un deseñador crúzase cos ladróns que lle acababan ed roubar   36:21 Coñecemos as claves para decorar a nosa mesa en Nadal   44:51 Turróns artesáns feitos con moito agarimo 47:03 Octavio Villazala trae a un leopardo en miniuatura   52:08 Conectamos con Arturo Fernández e Fran Cañotas que están no estudio dende o que se vai facer a retransmisión do sorteo da lotería de Nadal   55:44 Noelia Rodríguez cóntanos a pre
19/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 19 de decembro facendo un percorrido en directo por Pontevedra, Ourense e Sada, algunhas das vilas afectadas polo temporal Elsa 12:19 Adiantamos os contidos sobre os que falaremos: a agricultura ecolóxica e consumo cero de alcol entre os menores 17:10 Carmiña Blanco preséntanos en 'O que faltaba' agasallos sostibles para facer un consumo responsable 28:47 Falamos sobre a agricultura ecolóxica. Consumo responsable, desmontamos mitos coa nutricionista Lidia Folgar. Facemos unha breve visita á granxa ecolóxica Vilasantar 45:47 Laretamos sobre o empresario da construción que lles fixo aos empregados unha festa valorada en 10 millóns de dólares 48:13 Fotos que nos mandan os Revisteir@s 49:49 Falamos sobre o consumo de alcol. Os menores de 18 anos non teñen nin que probalo. Falamos co psicólogo e técnico da UMAD Jorge Carballido. Aténdennos en directo desde un control antidrogas polo Porriño 01:03:36 Mabel Montes cóntanos as inciden
18/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 18 de decembro comprobando en directo a visita da borrasca Elsa 01:34 Falamos dos eventos solidarios que se organizan polo Nadal. Visitounos Chus Piñeiro, organizadora das ceas de Nadal do Paluso, que se fan na alameda de Santiago. E directo fomos ata Vigo onde xa comezou unha feira de Nadal para facer donativos a varias organizacións 15:15 Visitamos con Carmiña Blanco o belén con material reciclado que fixeron no lugar de Porto, en Pontecesures. Empregaron millo e material de refugallo. Non faltan nin as lampreas 20:15 Laretamos sobre unhas imaxes inéditas que amosan o Apalpador camiñando polo Courel co seu trasno. Tamén se ven imaxes de corzos e osos que habitan na zona 23:39 Postais e fotos que nos mandan os revisteir@s 26:22 Falamos sobre a fauna salvaxe que sae dos montes para instalarse en vilas e cidades. O mestre de veterinaria Luís Fidalgo achegounos consellos para convivir do mellor xeito con estes animais. Atende
17/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste martes 17 de decembro comentando a sentenza de Diana Quer. Prisión permanente revisable para o Chicle. Analizámola co avogado penalista Alejandro Vega 07:23 Presentamos os temas dos que falaremos: os bonecos realistas e consellos para os agasallos de Nadal 11:33 Tempo de 'O agro' 16:37 Bonecos realistas empregados en terapias para persoas con demencias. Falamos cunha psicóloga e imos ata un local en Vigo onde os crean 29:57 Laretamos sobre a nova recomendación de Sanidade que di que chuchar as cabezas e as patas do marisco pode provocar problemas de ril e mesmo cancro 33:09 Fotos que nos mandan os revisteir@s 34:59 Consellos para Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos, para que teñan sentidiño á hora de elixir os agasallos de Nadal. Visitamos unha tenda con regalos tradicionais e falamos co secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia 49:44 Mabel Montes adiántanos os avisos para mañá. Esta noite entra outro temporal
16/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:02 Comezamos 'A revista' deste 16 de decembro adiantando os temas dos que daremos que falar: gañadores da cata de queixos e mel e nova sección de sucesos 07:07 Arturo Fernández veu contarnos as falcatruadas que teñen preparadas para o 'Malicia noticias' desta noite. Tamén falamos con el do especial da lotaría de Nadal que a TVG prepara para o domingo á mañá 16:14 Queixos e mel galegos premiados na cata oficial que se fixo hai uns días. Aprendemos a probar mel cunha das catadoras do concurso, Teresa Abalde, e imos en directo xunto dos dous premiados coa medalla de ouro 36:12 Laretamos co inventor da lavadora que debulla millo. José, da Illa de Arousa, contounos como lle deu á cabeza para inventar tal aparello. Tamén comentamos a felicitación de Nadal da Casa Real 42:03 Fotos que nos mandan os revisteir@s 43:43 Sección de sucesos: dúas cativas asasinadas en Xirona pola súa nai, segue a busca de Marta Calvo entre toneladas de lixo e mañá retómase o xuízo polo c
13/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste venres 13 de decembro adiantando os temas dos que falaremos: as comidas, merendas ou ceas de empresa e consellos para consumir peixe 07:54 Octavio Villazala desvélanos o animal co que nos vai sorprender esta mañá 08:30 Falaremos sobre o consumo de peixe. Consellos saudables da nosa nutricionista Lidia Folgar. Estivemos en directo na praza de abastos con Pepa, unha 'influencer' que nos axudou a escoller o produto, e asistimos á final de OPROCHEF, concurso infantil onde a cativada elaborou a receita e cociñou pratos con peixe 29:30 Laretamos sobre Ricardo Esteves, coñecido como o 'padre sexy', un párroco portugués que acaba de gravar un vídeo facendo de cupido para namorar unha parella 33:18 Fotos dos revisteir@s 35:02 Falamos sobre as comidas, merendas ou ceas de empresa. Consellos para sobrevivir a elas e saír o máis airosos posible. Fomos en directo ata un restaurante para comprobar como son as horas previas a estes eventos 48:51 O
12/12/2019 12:30
Índice de contidos 00:00 Presentación de 'A revista' 00:55 É tempo de matanza: visitamos unha en Monterrei 03:35 Para Martín Berasategui, a mellor torta de queixo de España é galega 06:50 Larpeiradas tamén pensando nas intolerancias 07:11 En 'O que faltaba', Carmiña Blanco dá consellos sobre como acabar cos cheiros da neveira 18:03 Tempo de matanza: debullamos a súa importancia social en Galicia e visitamos unha 34:26 Imos laretar: os galegos somos os españois máis dispostos a prestar as cousas 38:11 As fotos dos espectadores de 'A revista' 39:23 Larpeiradas de Nadal e tamén para todo o ano 58:21 Xa están no Teatro Real de madrid os bombos para o sorteo extraordinario de lotería de Nadal 01:00:17 O tempo 01:04:07 Despedimos co himno que María do Ceo dedica á Ribeira Sacra

>


Otros programas de TVG (Galicia) >