A mellor castaña do mundo
A partir deste froito, os espectadores coñecerán as historias humanas dunha chea de personaxes. Xente anónima que fai das castañas e o magosto unha forma de vida. Os reporteiros de "A Mellor Castaña do Mundo" achegaranse a Allariz, onde descubrirán as propiedades da castaña falando con auténticos expertos do país.No Riós asistirán a unha recollida de castañas na que participan unha chea de veciños. Todo un acto social no que colaboran nenos e maiores para encher ducias de sacos deste froito. Tamén viaxarán a Muros, na provincia da Coruña, para pasar un día coa agrupación folclórica Ximiela, que vive esta época con moita alegría, música e baile.O equipo do programa, acompañado dos mellores cociñeiros galegos de hoxe en día, descubrirá como preparalas de xeito tradicional, e tamén coñecerá outras formas máis innovadoras. Para gozar dunhas boas castañas non se poden esquecer os magostos. Así que tamén acompañarán os asistentes do magosto tradicional de Folgoso do Courel, en Lugo, do mago