Emilio e Olalla, ademais de compartiren lugar de traballo dando clases no seu centro de estética, tamén queren compartir a súa vida xuntos. Polo menos esa é a idea de Emilio, que quere prepararlle por sorpresa unha pedida de man e unha voda á súa parella Olalla. Nesta aventura non estará só, acompañao Mari, a tía de Olalla. Recorrerán Galicia en busca dos mellores preparativos para o seu día especial. O engano de Emilio é o primeiro obstáculo que terán que superar nesta carreira contra o reloxo pero non será o único.