Exame de Historia da España, coa transición como tema estrela. É o arranque das probas da ABAU, xa sen márcara obrigatoria, nas que preto de 13.000 alumnos galegos buscan a posibilidade de acceder á carreira elixida. // Os líderes políticos galegos coiciden en reclamar máis competencias ao goberno central, pero discrepan sobre cómo mellorar a sanidade e a economía. É o resultado da primeira xuntanza de Alfonso Rueda coa dirixente do BNG Ana Pontón, e co socialista Valentín González Formoso. // A Xunta aproba un plan de resposta a períodos sen choiva para garantir o abastecemento de auga nos próximos meses, e mantén a prealerta por seca en toda a Demarcación Galicia-Costa, cos encoros un 48 por cento máis baixos do habitual. 07-06-22