A escalada do combustible non para, ca gasolina catro céntimos máis cara que onte, e por riba dos dous euros o litro en moitas estacións de servizo. // Galicia rexistrou en abril 120 mil viaxeiros que realizaron case 180 mil pernoctacións en casas de turismo rural, apartamentos, camping ou albergues, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística publicados hoxe. // A Garda Civil solicita colaboración cidadá para dar co conductor que fuxiu tras provocar un accidente na A 52, deixando ferido grave a un motorista. Ocorreu este sábado no alto do Confurco, no Porriño, cando o vehículo se incorporou dende a Nacional 120. // O Touro de Trasmiras, pintado de azul celeste por un artista que quere permanecer no anonimato. Os veciños rexeitan a acción como un acto vandálico contra unha das icónicas figuras de Osborne que hai en Galicia. 31-05-22