Novo crime machista en Galicia. Unha muller agredida brutalmente en Carballo, permanece ingresada grave, con traumatiso craneoencefálico. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // A Garda Civil investiga a morte dunha muller que apareceu sen vida no portal da súa vivenda na rúa Redondela de Cangas, ainda que todo apunta a unha caída accidental. A policía científica agardará o resultado da autopsia para confirmar que caeu pola escaleira de xeito fortuito. //. // A ría de Vigo, escenario da derradeira novela do escritor Domingo Villar, acolleu unha emotiva homenaxe ao autor recentemente falecido. Dúcias de lectores embarcaron no último barco que une Vigo con Moaña para poñer voz a súa escrita e honrar o seu legado literario. 30-05-22