O rei emérito, xa en Madrid para manter un encontro privado co seu fillo na Zarzuela, despois de despedirse no aeroporto de Vigo da sua estadía en Galicia. // O Partido Popular de Galicia completa, coa proclamación de Alfonso Rueda como novo presidente, a remuda provocada pola marcha de Núñez Feijóo. // Soben a tres os casos sospeitosos de infección da varíola do mono en Galicia. A Consellería de Sanidade confirma o envío das mostras a Madrid para a sua confirmación definitiva. // Peóns e ciclistas son os usuarios máis vulnerables nas estradas, e supoñen tres de cada dez falecidos en accidentes de circulación en Galicia. A dirección xeral de tráfico inicia unha campaña pasa sensibilizar sobre a necesidade de usar chalecos reflectantes. 23-05-2022