Activada a alerta por seca no sur da provincia de Lugo, onde xa empezan a notarse Problemas de abastecemento de auga. Unha situación que irá a peor se non aumentan as precipitacións, de momento un 40 por cento por debaixo da media. // Descartados os tres casos sospeitosos en Galicia de contaxios da varíola do mono. A Consellería de Sanidade anuncia, sen embargo, dous novos posibles casos que están sendo analizados. // As altas temperaturas chegan a Galicia nunha xornada máis típica de verán que da época na que estamos, e especialmente propicia para a praia. De momento, onde más fresco se nota ainda, na Coruña. // Adicamos os últimos minutos ao noso compañeiro Luis Labandeira, un dos xornalistas desta casa que máis noticias que lles leva contado nos case 40 anos en RTVE, e que hoxe se retira. 27-05-22