De refuxio familiar de veraneo a batir o récord como destino con máis pernoctacións no norte de España. Hoxe repasamos a transformación experimentada nas últimas décadas por Sanxenxo, centro de atención mediática pola visita do rei emérito, unha figura clave na sua expansión turística. // A maioría do pleno da Deputación de Ourense rexeita pedir a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde de Ourense por empurrar a unha sindicalista durante un acto de protesta. // Un proxecto educativo emprendido por nenos de primaria, cun can rescatado do maltrato. É o que ocorreu no Colexio Isidro Parga Pondal de Oleiros, a cargo da mestra Alicia Tojeiro, que ostenta o título de mellor mestra de España. // 25-05-22