Close

Serramoura

A tranquilidade de Serramoura, vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que para descubrir quén matou a Mónica Triáns deberá lidar cos impenetrables/enigmáticos habitantes desta vila. Todos gardan algún segredo, e tamén algunha razón para cometer ese crime horrendo. Mónica sabía demasiado das loitas polo control da madeira que manteñen os Fiúza e os Soutelo, as familias máis poderosas da vila. Ambientado no mundo da madeira, este thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. Unha ollada furtiva. Unha mentira descuberta. Unha razón sen sentido. Unha peza que non cadra. Unha vinganza desmedida. Un carácter enfermizo. Calquera destes eventos pode ser o detonante das grandes traxedias que amosan os titulares de prensa máis sensacionalista.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Series
Tema:
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/serramoura

Otros programas de TVG (Galicia) >


Otros programas de series >