Close

Gastrópodos

O equipo de Gastrópodos componse da cociñeira do programa, Beatriz Sotelo (estrela Michelín, restaurante “A Estación” de Cambre), o crítico e divulgador gastronómico Jorge Guitián e, como condutora do programa e pinche, a actriz Marta Doviro. Entre os tres forman un equipo de traballo no que contemplan, como principal misión, facer un percorrido por Galicia no autobús do programa para conseguir poñer en valor os principais produtos gastronómicos que se poden conseguir e que se cultivan no noso país: os pementos de Padrón, a centola do Grove, o boi de Allariz, a raia de Portonovo, a xouba de Rianxo, etc. Todos lugares asociados ou matrimoniados cun produto senlleiro de cada unha das vilas protagonistas. Como sempre, o programa dará a coñecer o produto da súa vila e fará una pescuda para conseguir un cociñeiro que se enfronte nos fogóns d’O Gastrópodo á cociñeira residente do programa. As elaboracións dos cociñeiros estarán fiscalizadas por un xurado popular que, ao remate do progr

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Cocina, Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/gastropodos

Otros programas de TVG (Galicia) >


Otros programas de reportajes >