Close

Comes ou pagas?

En cada capítulo do espazo que a Galega estrea esta noite, o presentador terá dous retadores, coñecidos ou anónimos, que o enfrontarán a un menú cheo de sorpresas, desde os pratos máis fortes da cociña galega ata os estraños sabores e texturas da cociña internacional. Sen importar se vén do curral ou do mar, cada reto porá a proba o seu estómago e os seus prexuízos. Xosé Manuel García viaxará por toda Galicia, de cociña en cociña, para coñecer quen prepara estes innovadores pratos e, como non, comelos todos. Pero será quen de non deixar nin un pouco? Ou, pola contra, tocaralle pagar a comida? Este é o reto e a aventura que proporá cada domingo “Comes ou Pagas”.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Cocina
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/comes-ou-pagas

Otros programas de TVG (Galicia) >


Otros programas de reportajes >