Xosé González, presidente do Foro Peinador, fai balance da súa xestión cando está a punto de xubilarse. É un dos activistas máis importantes polo servizo de normalización lingüística. No tempo de cine, Moncho Lemos e Angel Suances comentan as películas: “Aysha”, de Fon Cortizo, “Lady Macbeth” e “La niña dormida”. Marta Gómez dedica o seu espazo ao novo traballo de BFlecha, “Kwalia”, ao novo disco de Xabier Vizcaíno, “Diáspora”, e a Two Faces, dúo de Coruña que estrea “Landscapes”. Nos Fondos Reservados, Moncho Lemos recupera unha das actuacións de “A cada canto” formado por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero.