O escritor e profesor Víctor Freixanes, recentemente elixido presidente da Real Academia Galega, está no “ZigZag Eirado” para comentar as liñas mestras que guiarán a nova etapa da institución. O que fora director da Editorial Galaxia toma a remuda de Xesús Alonso Montero, e ten por diante un mandato de catro anos. No espazo dedicado ao cine, Moncho Lemos e Ángel Suances falan da curtametraxe documental “Rapa das Bestas”, da realizadora Jaione Camborda, que se estrea no festival de cine de Bos Aires BACIFI, despois de pasar por Cineuropa ou o Play Doc de Tui. Ademais, comentan os filmes “La idea de un lago”, da arxentina Milagros Mumenthaler, e “El otro lado de la esperanza”, do finlandés Aki Kaurismaki, aproveitando que os dous directores están estes días en Galicia. Ademais, dan eco á película “Your name”, de Makoto Shinkai, que chegou as salas de cine co aval de ser o filme de animación xaponés con máis vendas de entradas da historia. O programa tamén ofrece unha reportaxe gravada