Ata o vindeiro 3 de setembro a Sede Afundación da Coruña acolle a mostra “Lugrís, paredes soñadas”, que repasa o traballo do artista como decorador de espazos. Rubén Ventureira, comisario da exposición visita “ZigZag-Eirado” para falar desta recompilación de traballos de Urbano Lugrís, con fondos de diferentes institucións, algúns deles nunca antes exhibidos. Son 106 obras do pintor entre as que se inclúen as creadas para o Hotel Embajador da Coruña; a igrexa de Vilaboa, en Culleredo; o Gran Hotel de Vigo, ou a fábrica de conservas Massó de Bueu.  No faladoiro de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan “Dhogs”, película de Andrés Goteira que se estrea estes días no Festival de Cine de Bos Aires, Bafici. A primeira longametraxe do director meirego, rodada entre Galicia e Almería, sitúase nos límites da ficción, abordando un encontro casual entre un home de negocios e unha misteriosa muller, que coduce a unha aventura furtiva e a un crime. Tamén analizan dúas das novidades de cartel