O último “ZigZag-Eirado” da temporada recibe ao crítico Armando Requeixo para que faga unha escolma do último que se ten publicado e recomende libros para as vacacións. Con Ángel Suanzes e Moncho Lemos, o programa repasa as rodaxes do verán, como “Tempo Vertical”, de Lois Patiño, a medio camiño entre a ficción e o documental; “Trote”, a ópera prima de Xacio Baño, ambientada nunha rapa das bestas, e “1921. A lei do chumbo”, o primeiro proxecto de Dani de la Torre despois de “O Descoñecido”. No apartado musical, Marta Gómez fala de Zan Hoffman, particular punkcrooner de Kentacky namorado de Galicia, e da festa “Verbena das Irmandiñas”, que reúne catro grupos en que a representación feminina é clara: Habelas Hainas, Sacha na Horta, The Tetas Van e Oima. Finalmente, nos “Fondos Reservados” de Moncho Lemos, o protagonista é Miguel Costas, fundador, guitarrista e vocalista de Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, un exemplo de artista que sobrevive na música despois de abandonar