“ZigZag Eirado” saúda a chegada ao mercado editorial galego de Oqueleo, o novo selo de literatura infantil e xuvenil do grupo Santillana-Obradoiro. Tino Santiago conversa sobre os seus primeiros títulos coa editora Ana Guerra. No apartado dedicado ao audiovisual, Moncho Lemos e Ángel Suances comentan a curtametraxe documental “Quiasma” de Tono Mejuto que ven de presentarse no Play Doc, e dúas das últimas estreas nas salas de cine “El bar” de Álex de la Iglesia e o filme sueco “Un hombre llamado Ove”.  Marta Gómez atende á actualidade no eido musical, en que destaca a publicación do primeiro disco da banda compostelá Esposa e a actuación do dúo canadense Austra o vindeiro mércores na Coruña. Así mesmo, dá eco ao proxecto feminino A banda da loba e ao seu disco “Bailando as rúas”. O programa péchase co tema “Outros quereres” de Sergio Tannus.