Tino Santiago conversa con Ana Estévez, directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Un evento que chegará á súa duodécima edición a finais deste mes en Santiago e no que se proxectarán 16 filmes.   No tempo dedicado ao cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan "O tempo futuro", de Xoán Escudero, que conta a historia  dunha galega que intenta chegar aos Xogos Olímpicos na especialidade de bosleigh; “Demonios tus ojos”, de Pedro Aguilera, unha ollada ao concepto do voyeur, e "Dancer", un documental sobre o bailarín ucraíno Sergei Polunin. No espazo de música, Marta Gómez fala de Xulio Lorenzo, que está a presentar o seu primeiro disco "Cantos da ialma"; de Sés, que ten xa novo vídeo musical do seu grande éxito e cuarto álbum que é “Opoñerse á extinción”. O espectacular vídeo da canción "Dende o altar" está gravado no  Museo Galego da Marioneta, no Pazo de Liñares, na parroquia de Prado, en Lalín, con monicreques realizados por Viravolta Títeres. Tamén nos presenta o novo