Tino Santiago entrevista o pianista Alberto Conde, que, xunto á cantante Diana Tarín, está embarcado na gravación de “Corrente do Golfo”, un proxecto que inclúe os grupos habituais de jazz, pero que incorpora unha coral e unha orquestra de corda e que se desenvolve entre Vigo, A Coruña e A Habana. No tempo de cine, Ángel Suanzes e Moncho Lemos falan de “Aava”, de Andrea Zapata, premio á mellor curtametraxe de imaxe real no Festival de Cans; de “Correspondencia”, de Rita Azevedo Gómes, unha película de a cabalo entre o documental e a ficción, que conta a historia da correspondencia entre os poetas Jorge de Sena e Sophia de Mello; e de “Paula”, de Christian Schwochow, un drama biográfico sobre a artista alemá Paula Becker. A sección de música de Marta Gómez estrea o novo vídeo musical de Terbutalina, o sinxelo de presentación do que vai ser o seu novo traballo, chamado “Sonido Esteiro”; segue con Marem Ladson, unha artista ourensá moi nova, que acaba de publicar o seu primeiro sinxelo