A próxima semana comeza Conecta Fiction, unha feira que reunirá na Cidade da Cultura o máis destacado das series de ficción de Europa e América, coa presenza de máis de 35 canles internacionais de televisión, entre elas o xigantes HBO e Netflix, que buscan series de ficción para coproducir. Na sección cinematográfica, a primeira cita que proporán Moncho Lemos e Ángel Suanzes será achegarse aos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio que convocou a Academia do Audiovisual. Entre os premiados estivo o videoensaio de Denis Lozano “A cámara perseguidora”. No apartado musical, Marta Gómez falará das Tanxugueiras, un grupo de pandeireteiras que levan en activo desde 2016 e que son unha das promesas do trad feminino; do dúo vigués Lamprea Explosiva, que ofrece cancións de punk clásico, con cancións dun minuto e letras ben interesantes e en galego; e do primeiro disco do ourensán Druso, que se titula “Being broke as a new trend”. O programa despedirase hoxe coa música do gaiteiro Ósc