O programa da TVG percorrerá algúns puntos clave do norte de Italia como Milán, Venecia, Florencia e Pisa, achegándose, coma sempre, ao xeito de viaxar e de coñecer mundo dos galegos e galegas. Por suposto, o programa irá polos canais de Venecia, aínda que algún perderá os papeis negociando o prezo da góndola e quedará sen viaxe. En Milán, algunhas irán de compras tratando de arrasar co luxoso mundo da alta costura e das xoias.  Ademais, en Florencia, os espectadores de “Xente de Mundo” non darán feito con tanta arte e beleza e en Pisa verán por que a súa famosa torre está inclinada.