Os viaxeiros que visitan Bulgaria son xa coñecidos porque xa estivemos noutros destinos con algún deles. Nesta aventura, saberán a que olen as rosas de Bulgaria, un dos aceites esenciais mais caros do mundo. Tamén se enfrontarán á gastronomía búlgara, con mellor ou peor resultado. E, por suposto, visitamos Sofía, a capital, e aprenderán moito da historia dun país que deu entre outros ao gladiador Espartaco e ao futbolista Stoichkov.