Os viaxeiros van ter unha axenda ben apertada, porque desde a súa saída de Vigo non van parar. Uns namorados da música clásica, das andainas ao aire libre e das tradicións non podían ter mellor destino que Baviera, no sur de Alemaña.  Alí visitan desde o máis moderno, como a sede central da BMW, en Múnic, ata o máis tradicional, como as casas pintadas de Oberammergau, unha vila que leva 400 anos representando en vivo a paixón de Cristo. E, desde logo, non deixan de comer e beber auténticos menús bávaros, coa cervexa típica de alí, ou pan líquido, como lle chaman os alemáns.