“Xente con Oficio” visita hoxe o obradoiro Taxus, onde Xavier Martín leva desde o ano 2001 torneando e tallando madeira. Tamén se coñecerá a Diego, un mozo apaixonado pola tornería que amosará como traballan e dan a coñecer este oficio na Asociación de Amigos da Madeira “Virutas”, da que forma parte.