Estes artesáns son os responsables de darlle forma aos máis diversos materiais para crear instrumentos que nas mans de consagrados intérpretes fagan as delicias dos nosos oídos.  O programa da TVG quere facerlles unha homenaxe porque cando se escoita o son de calquera instrumento musical pénsase na cultura á que pertence e no virtuosismo de quen o interpreta, pero poucas veces se fai un recoñecemento aos que coas súas mans fan posible que a música perdure e evolucione ao largo da historia.