A gaita é, sen dúbida, o instrumento máis representativo da música tradicional galega. Para coñecela un pouco máis, o programa 'Xente con oficio' visitará esta tarde a en Tui a Antón Corral, un referente do mundo da gaita, autodidacta, divulgador e mestre de gaiteiros e artesáns. O espazo da TVG falará dos seus comezos e da súa dilatada traxectoria.  E, como non, 'Xente con oficio' pasará por Ortigueira, un lugar do rexurdir da gaita e principal destino de peregrinación dos amantes da música celta, que unha vez ao ano teñen unha cita obrigada no seu popular festival.