O programa “Xente con Oficio” achegarase hoxe á apicultura, un oficio que cada vez conta con máis seguidores en Galicia. As colmeas e as pequenas explotacións destinadas ata hai ben pouco ao autoconsumo comezan a deixar paso a negocios solventes. Deste xeito, os espectadores da Televisión de Galicia aprenderán como se organizan as abellas na colmea e coñecerán as vantaxes e os beneficios da produción de mel ecolóxico.