O Barco, capital da Terra de Valdeorras, é o municipio escollido polos nosos presentadores para perderse nestas terras de lousa do fondo do val do Sil. Acompañados de Aurelio Blanco, presidente do Centro de Estudos Valdeorrenses, Ledicia visitará a Torre e Fortaleza do Castro, unha construcción medieval que sobreviviu a importantes revoltas históricas. Mentres, Víctor dará un paseo polo casco urbán da man de Gustavo Docampo, técnico de cultura do municipio que lle amosará os segredos do casino modernista e outras construcións emblemáticas. Á hora da comida, Víctor non quedará sen probar o famoso botelo do Barco na Casa Galaica e Ledicia optará por unha comida máis lixeira, esta vez vexetariana, no Bajo Cinco Salón Teatro. Este local servirá tamén para que os nosos presentadores se arranquen a cantar nun concerto improvisado con Mr Jingles, autor e compositor local. Unha ruta cicloturística con bicis eléctricas permitiralles coñecer o patrimonio natural da comarca coa compaña de Zona3