Víctor e Ledicia collen rumbo á Pobra de Trives, un concello da provincia de Ourense pertencente á comarca da Terra de Trives, situada nas estribacións occidentais da Serra da Queixa, que superan os 1500 metros de altitude no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. Os presentadores danse cita en Pena Folenche, onde se atopan unha boa cantidade de sequeiros de castañas e unha monumental rocha que fai ás veces de miradoiro, situada no medio do pobo. Xa na vila, Ledicia decide dar un paseo polo casco histórico para coñecer de primeira man os tesouros agochados nas rúas, mentres que Victor decide ir facer a ruta do Souto de Rozabales e visitar unha das árbores senlleiras da nosa comunidade, o castiñeiro de Pumbariños, situado no concello limítrofe de Manzaneda. En se algo é famoso na comarca aparte da neve e as montañas, é a bica de Trives. O pan da María será o escenario onde Víctor e Ledicia aprenderán a facer a famosa bica, unha combinación de manteiga, ovos, azucre e fariñ