Ribadavia é o primeiro destino ó que se enfrontarán os nosos viaxeiros, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, lugar que ela ten o pracer de coñecer grazas á súa última actuación na Mostra Internacional de teatro… á que Víctor non foi invitado. Aínda que a primeira hora se dan cita na Praza Maior, a cuna do Ribeiro será frecuentada polos nosos aventureiros de xeito ben diferente. Da man de Ledicia percorreremos o casco antigo descubrindo a ligazón da vila coa comunidade xudía (antes e despois da segunda guerra mundial) e tamén descubriremos un segredo histórico que demostrará a valentía das mulleres de Ribadavia. Pola súa parte, Víctor percorrerá os sendeiros que desembocan na espectacular Ponte de San Clodio rodeados de hectáreas de vides que xa se cultivaban hai case 2000 anos. A intensa xornada abriralles o apetito ós dous aínda que a carteira separaraos para comer segundo o seu orzamento e preferencias. Xuntos, divertiranse practicando barranquismo e tamén haberá tempo para o relax cun