A Feira do Capón de Vilalba celebrouse o 21 de decembro e, por primeira vez, este produto galego, un dos de maior recoñecemento durante o Nadal, lucíu a Indicación Xeográfica Protexida (IXP), concedida recentemente. O programa segue de preto como transcorreu a xornada, o concurso de capóns, as vendas, os postos que acoden, os compradores, os criadores etc. Ademais, ofrécenos datos sobre a historia da feira, a cría dos capóns e como se prepara tradicionalmente este produto.  Nesta edición de “Vivir Aquí” con marcado acento gastronómico inclúense outros produtos destacados da Terra Chá, como o queixo de San Simón da Costa e o roscón de Vilalba, e coñecemos os lugares que máis paga a pena coñecer no concello de Vilalba.