Imos de vendima por distintas partes de Galicia. Este ano anúnciase unha colleita de gran calidade, polo que, visitaremos fincas pertencentes a cinco denominacións de orixe da comunidade autónoma. A denominación de orixe do Ribeiro, sitúase ás beiras do Miño e os seus afluentes. É a máis antiga de Galicia e unha das históricas en Europa. Valdeorras é a que se atopa na parte máis oriental de Galicia e, Rías Baixas, en Pontevedra, unha das máis populares grazas á uva Albariño. Monterrei e Ribeira Sacra son as denominacións máis novas, constituídas en 1996. A primeira, na fronteira con Portugal, no límite meridional de Galicia, e a segunda, a cabalo entre Lugo e Ourense e cuxos caldos se recoñecen pola uva Mencía. Levaremos a cabo unha esixente cata para saber cal é o mellor viño en cada unha das denominacións. Un branco do Ribeiro e un tinto de Monterrei sitúanse entre os mellores caldos galego. Desvelaremos cales son!