Os reporteiros e as reporteiras guíannos por algunhas das granxas máis singulares de Galicia. Explotacións en que se crían razas autóctonas coma o galo ou o porco celta, ata outras orientadas á educación ambiental. Rosa Bello conversa cos socios e empregados de Ganxabar, a única cooperativa de recría de vacún de Galicia, formada por gandeiros das comarcas de Xallas e Barcala. As crías chegan as instalacións que teñen en Mazaricos aos poucos meses de vida e volven ás granxas dos socios dous meses antes de parir. Raquel Fernández visita a David Sueiro da granxa-escola O curral do Galo Celta, que, desde Vila de Cruces, conseguiu levar a carne de galo celta ás cociñas de chefs coma Pepe Solla ou Martín Berasategui. Xulia Piñeiro lévanos á Granxa Escola Barreiros de Sarria, que foi pioneira en promover a educación ambiental hai sesenta anos. Ademais de recibir visitas escolares, as súas instalacións acollen a diario diferentes actividades en que divulgan o patrimonio natural e invitan a pr