Mil postos de venda e sesenta mil asistentes á Feira de Santos converten a de Monterroso na feira de todas as feiras. Arredor deste evento, con máis de 500 anos de historia, naceu e foi medrando a vila lucense. Os comerciantes mestúranse cos veciños das aldeas da comarca que venden o que teñen na casa. É un enorme escaparate de produtos de temporada ao carón dun mercado de gando que aínda resiste. Ademais, un fervedoiro de xente enche cada ano a Feira de Santos. O equipo do programa fala cunha queixeira, un ferraxeiro e un gandeiro. O espazo da TVG ofrece tamén reportaxes sobre a historia da Feira de Santos e como foi evolucionando no tempo, sobre os lugares que non debemos deixar de visitar se imos a Monterroso.