“Vivir Aquí” amosa historias familiares que medran ao pé dunha cepa porque, como di o título desta edición: “quen ten unha adega ten un tesouro”. Na procura de adegas familiares, os reporteiros e reporteiras da TVG visitan as distintas denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. En todas elas escoitan relatos de viñedos que pasan de pais e fillos, herdeiros dunha tradición, dunha maneira de facer as cousas.