Cantos restaurantes manteñen como ouro en pano un recordo dos comensais que recibiron? “Vivir Aquí” visítaos para coñecer quen comeu neles. Hai sitios que foron e son parada obrigada. Lugares que cando andaba pola contorna algún personaxe de sona non podía deixar de visitar. Desde o lugar da Coruña onde a Woddy Allen se lle antollaron cigalas ao restaurante da Terra Cha onde Luz Casal adoita parar cando vén a Galicia.  Todos eles son espazos cheos de historia e historias arredor dunha mesa, como o restaurante Mosquito de Vigo, o Rei das Tartas de Mondoñedo, o restaurante Galicia de Baamonte, en Begonde, A Taberna de Ourense e o Fiúza, Faba e Yéboles da Coruña.