“Vivir Aquí” ofrece unha chea de contidos relacionados co outono. “Para gozar” engloba reportaxes sobre a temporada de caza ou a recolleita de castañas e outros produtos da tempada, como os cogomelos. O programa preséntanos o outono como a estación máis axeitada para saír ao monte, facer unha escapada de fin de semana, gozar dunha casa de turismo rural e, por suposto, degustar os pratos deste tempo. Tamén descóbrenos a gran calidade das mazás galegas para a produción de sidra. De feito, varias empresas dedícanse xa á comercialización desta bebida, tradicionalmente asturiana, pero que agora vai contar coa competencia galega. O equipo de Vivir aquí tamén visita unha das feiras mais antigas e pintorescas de Galicia: As San Lucas de Mondoñedo, onde se pode atopar de todo sen quitar a importancia das ancestrais transaccións de gando cabalar.